O Pleno do Concello de Viana do Bolo, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 7 de maio de 2021, acordou aprobar a modificación da Ordenanza municipal de regulación do estacionamento na vila de Viana do Bolo
En cumprimento do disposto no artigo 17.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, sométese o expediente a información pública polo prazo de trinta días, contados dende o día seguinte ao da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as alegacións que estimen oportunas, as cales, serán resoltas polo Pleno do concello no prazo máximo dun mes, contado a partir da finalización do prazo de exposición pública. A non resolución en prazo das alegacións presentadas determinará a desestimación destas.
Así mesmo, estará a disposición dos interesados nas dependencias municipais.
Se transcorrido o dito prazo de 30 días hábiles non se tivesen presentado alegacións ou as presentadas fosen desestimadas en forma expresa ou tácita, considerarase elevado a definitivo o dito acordo.