Durante os sábados de verán o Museo do Castelo de Viana do Bolo permanecerá aberto ao público.

O horario de apertura será, inicialmente, de 18 h a 19:30 h, pero esperamos poder amplialo nas vindeiras semanas.

Para poder visitalo é preciso inscribirse previamente no concello chamando ao teléfono: 988 329 260.

Non deixedes de visitalo e de facer unha pequena viaxe pola nosa historia!!!