Con motivo da conmemoración o 25 de novembro do "Día internacional contra a violencia machista", o Concello de Viana do Bolo, a través do seu Centro de Información á Muller (CIM), organiza unha serie de actividades e actos durante este mes de novembro.
As actividades son moitas e moi variadas e con elas preténdese sensibilizar a toda a veciñanza vianesa contra a lacra que supón a violencia machista. Así, haberá teatro, andaina, concentración veciñal, obradoiros e presentación das novas adquisición de literatura feminista dispoñibles na Biblioteca Municipal.
Por outra banda, terán lugar varios obradoiros nos centros de ensino para previr nas novas xeracións actitudes machistas e abusivas no ámbito da parella.
Por último, e como novidade, o Concello de Viana do Bolo pon en marcha a campaña de sensibilización "En negro contra as violencias", na que participan máis de 100 concellos galegos e que percorrerá tódolos establecementos comerciais e institucións da vila de Viana coa distribución de máis de 150 carteis e 100 camisetas.
Nos próximos días ampliaremos a información sobre cada unha das actividade!!
VIANA EN NEGRO!! VIANA CONTRA AS VIOLENCIAS!!