O alcalde, Abelardo Carballo, en calidade de representante do Concello de Viana do Bolo, asinou esta mañá o documento de aceptación da cesión por parte do Bispado de Astorga dun solar para a próxima construcción dun CENTRO DE DÍA. Cesión feita de maneira totalmente altruista e que vai redundar en beneficio de toda a veciñanza.
Agradecemos ó Bispado esta cesión que significa o primeiro paso para poder ofrecer, nun futuro próximo, unha maior atención aos nosos mariores.
É igualmente de agradecer e subliñar o importante traballo levado a cabo polo noso párroco, D. Ingnacio Lindoso, e a súa implicación e tesón ata conquerir este obxectivo, amosando así o gran agarimo que sinte por Viana e polos vianeses, cumprindo tamén unha inquietude que tiña dende hai tempo. Moitas grazas.
HOXE É UN DÍA IMPORTANTE!!!!