Dado que o Concello de Viana do Bolo (Ourense) non elixiu xuíz de paz substituto da dita localidade, convócase para que, no prazo de 15 días contados a partir da publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia, cantos teñan interese en aspirar ao mencionado cargo dirixan unha instancia á Presidencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña, facendo constar o seguinte:
1º.- Nome, apelidos, DNI (fotocopia), idade e domicilio.
2º.- Se desempeñou o cargo de xuíz de paz ou substituto.
3º.- Méritos que estime pode facer valer.
4º.- Profesión actual.
Prazo de presentación de solicitudes: Do 5 ao 23 de xullo de 2021