Presentámosvos unha das actividades máis destacadas deste verán: o "Castelo Son"
Un festival musical de recente creación co que tratamos de incrementar e variar a oferta musical do noso concello, traendo ata Viana estilos como a música clásica, o jazz, o blues e o folk.
Música de grupos e artistas galegos de calidade, que actuarán nun entorno máxico como é a nosa Torre da Homenaxe, ou "Castelo".
As actuacións terán lugar os sábados 17, 24 e 31 de xullo ás 23:00h.
O aforo será limitado e as prazas reservaranse por orde de chegada.
Durante os vindeiros días iremos ampliando a información sobre os grupos participantes e as actividades que xirarán en torno ao "Castelo Son"
Este xullo tedes unha cita coa música... Non falltedes!!!
