Dende o Concello de Viana do Bolo infórmase á veciñanza da creación dun Código QR para dinamizar a páxina www.comproenviana.com e apoiar o comercio local.
O obxectivo marcado polo Goberno Local é impulsar e potenciar o comercio vianés e promover o desenvolvemento económico da nosa vila.
Os códigos QR serán facilitados a tódolos negocios da vila para que os sitúen nun lugar visible do seu establecemento e así que a súa clientela poida acceder á páxina www.comproenviana.com dando a coñecer os comercios e empresas locais.
Animamos a aqueles sectores e empresas que aínda non teñan presenza dixital, que se adhiran (de xeito gratuíto) á páxina para dar a coñecer os seus produtos e/ou servizos