Un ano máis, tócanos celebrar unha Festas Patronais atípicas. A Covid-19 non nos permite, por segundo ano consecutivo, festexar estas datas como a todos/as nos gustaría e , como Alcalde, sinto a responsabilidade de velar pola saúde de todos/as os/as veciños e veciñas.


Debemos ser prudentes e, por iso, procédese a suspensión das actividades nas que non podemos controlar o aforo, nin garantir que se cumpran as recomendacións sanitarias ditadas pola Xunta de Galicia.


Paralelamente tiñamos contratadas unha serie de actividades culturais e de ocio que vos ímos ofrecer para alegrar un pouco estes días de festas. Actividades que se realizarán cumprindo con todas as medidas sanitarias e que serán suspendidas automáticamente se non se respectan as normas, por iso pedimos a vosa colaboración ao respecto das seguintes cuestións:


  Cando se coloquen cadeiras para o público asistente ás actividades, está prohibido movelas dos sitios onde estén situadas.


  Non formar grupos nin aglomeracións de persoas que non sexan conviventes durante o transcurso das actividades


  Cando as bandas e grupos que actúan percorran as nosas rúas pedimos non seguilas no seu percorrido e disfrutalas a distancia.


De todos e todas depende que poidamos levar a cabo as actuacións con normalidade!


Deséxovos uns días felices e que disfrutedes coa familia celebrando o estar xuntos/as e coa esperanza dun futuro mellor.


Gracias pola vosa colaboración e Felices Festas!!

Descargas