NOTA INFORMATIVA
En relación á situación actual da crise sanitaria polo COVID-19 no Concello de Viana do Bolo, esta Alcaldía desexa informar á veciñanza que o Servizo Galego de Saúde vén de comunicar os datos actualizados no número de contaxios, rexistrándose, a día de hoxe, un total de 2 positivos.
Dende o Concello desexámoslles ás persoas afectadas unha pronta recuperación e poñémonos á súa disposición para o que precisen.
Por outra banda, o respecto das normas por parte de todas e todos é o único camiño para lograr saír desta situación que padecemos dende hai meses e, é por iso, que agradecemos á veciñanza vianesa os seu comportamento para lograr estos bos datos de incidencia.
Temos que continuar nesta liña de responsabilidade individual, polo que, recordamos a necesidade de manter e respectar as medidas de protección habituais: emprego de máscara, lavado frecuente de mans e distancia de seguridade; así como limitar ao máximo as reunións fora do grupo de convivencia.