AVISO INFORMATIVO
En relación á situación actual da crise sanitaria pola Covid-19, no Concello de Viana do Bolo, esta Alcaldía desexa informar á veciñanza que o Servizo Galego de Saúde vén de comunicar os datos actualizaos no número de contaxios, rexistándose, a día de hoxe, un total de 6 positivos.
Por outra banda, no Centro de Saúde de Viana do Bolo, estanse a realizar moitos test de antíxenos dos que non sabremos os resultados ata que sexan confirmados polas PCRs correspondentes.
Como en outras ocasións queremos suliñar que os positivos que están desprazados no noso Concello, non computan aquí, polo que nos resulta imposible coñecer o número dos mesmos.
Ante a situación de inseguridade e descoñecemento dos casos reais, dende o Concello temos a obriga de ser precavidos e polo tanto suspéndense as seguintes actividades programadas para esta fin de semana:
· Tirolina na piscina
· Alquiler de kaiak
Dende o Concello desexámoslle ás persoas afectadas unha pronta recuperación e poñémonos a súa disposición para o que precisen.