AVISO INFORMATIVO
En relación á situación actual da crise sanitaria pola Covid-19, no Concello de Viana do Bolo, esta Alcaldía desexa informar á veciñanza que o Servizo Galego de Saúde vén de comunicar os datos actualizaos no número de contaxios, rexistándose, a día de hoxe, un total de 27 positivos.
Dende o Concello desexámoslle ás persoas afectadas unha pronta recuperación e poñémonos a súa disposición para o que precisen.
Por outra banda, ante o preocupante incremento de casos no noso concello nos últimos días, O pavillón municipal de Viana do Bolo acollerá o vindeiro mércores 25 de agosto un cribado poboacional de Covid con test PCR para veciños/as entre 12 e 39 anos dos concellos de Viana, A Veiga e Vilariño de Conso.
O cribado desenvolverase entre as 16h. e as 19.00 h. e a inscrición para poder participar nel está xa aberta no seguinte enlace:
Tamén poden anotarse as persoas que se atopen nestos concellos de forma provisional, aínda que non teñan médic@ no noso Centro de Saúde.
Pedimos ás persoas desta franxa de idade que participen voluntariamente neste cribado e axuden a deter o gran número de contaxios que se están a producir nestes concellos nos últimos días.
Por último, recordamos á veciñanza a importancia de EXTREMAR AS PRECAUCIÓNS e de cumprir escrupulosamente as recomendacións e normas sanitarias.