Ante a información sobre a situación actual do Covid19 no noso Concello, NIVEL ALTO, no que a día de hoxe temos 12 casos, e non podendo garantir as condicións mínimas de distancia e de seguridade necesarias en relación ao aforo en espazos públicos, esta Alcaldía
ACORDA:
Declarar que a celebración da Feira e mercado no Concello de Viana do Bolo para o vindeiro días 13 de Setembro, queda suspendida ate novo aviso, en tanto non se poden garantir as condicións de seguridade, distanciamento entre postos, aforo, etc. recomendadas polas autoridades sanitarias competentes.