Esta Alcaldía ten a ben de informar a tódos os veciños da existencia dun Servizo de Recollida a domicilio de residuos para o Punto Limpo.


Este Servizo, que xa se ben prestando dende fai tempo, mediante un Convenio firmado coa Deputación Provincial de Ourense, facilítanos a todos a comodidade de non ter almacenados trastos ou enseres que xa non nos fan servizo.


O único requisito e chamar ao Concello ao teléfono 988 340 120 para anotar todo aquelo do que queiramos desfacernos, e mantelos guardados no domicilio ata que lles avisen de que se vai recoller, polo que mais doado non o podemos ter, e non xustifica a aparición destes elementos depositados polas rúas ou tirados por calquera sitio cual vertedoiro.


No tríptico que se publica xunto con este Bando, se informa de que tipo de resíduos se recollen.


Tamén quero informar que non se recollen nin se poden depositar nos contenedores de lixo doméstico (verdes), os escombros e materiais de obra, xa que estos teñen que ser levados polos contratistas a Xestores autorizados para a súa eliminación.

 

Descargas