Bases para a preselección dunha persoa como persoal laboral do Concello de Viana do Bolo, ao abeiro da subvención concedida pola Consellería de Emprego e Igualdade, en base á Orde do 23 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de orientación laboral no exercicio 2021, de acordo co establecido no artigo 13 da dita orde.

A actividade a desenrolar pola persoa contratada de forma temporal ten carácter coxuntural, e está vinculada á concesión da citada subvención que financia a súa contratación, polo que non dará lugar á creación dun novo servizo municipal.

O tipo de contrato a formalizar é de duración determinada na modalidade de obra ou servizo e a xornada completa, pola duración de 12 meses (duración do programa), consonte ao establecido no artigo 15.1.a) do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o venres 8 de outubro de 2021

Descargas