Informamos da realización dunha serie de accións formativas sobre “ASPECTOS PRÁCTICOS DA NORMATIVA FORESTAL”, que terán lugar en nove localidades da provincia de Ourense durante o mes de novembro.

obxectivo destas actividades é achegar a poboación do medio rural cómo lle afecta a normativa vixente en materia de montes e prevención de incendios forestais, centrándonos nos procedementos máis habituais que a maioría dos/as habitantes de aldeas e pobos van a necesitar nalgún momento.

Así, no programa inclúense, entre outros, os seguintes temas:

- obrigas de xestión da biomasa para prevención de incendios

- usos do lume e permisos de queima

- actividades en terreos queimados

- repoboacións forestais

- aproveitamentos de madeira

- cambios de actividade 

Estas accións están aprobadas dentro do plan de Formación Continua de AGACAL/Medio Rural e están organizadas polo Servizo provincial de Montes de Ourense en colaboración cos distritos forestais da provincia.

IMPORTANTE: Necesaria inscrición previa, facendo constar na solicitude a localidade onde se desexa asistir a actividade.

 

Descargas