Dende o 7 de Decembro, o Concello de Viana do Bolo volverá apostar polo comercio local, lanzando de novo á Campaña de Nadal de Apoio ao Comercio Local, para concienciar á veciñanza da importancia de mercar nos establecementos comerciais de Viana. 🕸🎁🎄☃🎅🤶

En qué consiste a campaña ❔

1. Sorteo de 3 vales de compra para trocar nos establecementos participantes. 💸💸

Os establecementos adheridos á campaña recibirán rifas que entregarán a clientela que realiza gastos no seu negocio. Por cada 20 euros de gasto, concederase unha rifa para participar no sorteo de premios.
📌 Primeiro premio: vale de 150 €
📌 Segundo premio: vale de 100 €
📌 Terceiro premio: vale de 50 €

2. Concurso de decoración de escaparates de Nadal 👀🎅🤶
📌 Primeiro premio: 200 €
📌 Segundo premio: 100€

Quen pode participar ❔
Todas as persoas físicas ou xurídicas cuxas actividades comerciais se consideren incluídas no tema da campaña e teñan o seu establecemento ou empresa en Viana do Bolo poden solicitar a súa participación na Campaña de Nadal 2021-2022

Consulta as Bases no seguinte enlace

 

Descargas