O vindeiro xoves 16 de decembro terá lugar, na Casa da Cultura de Viana do Bolo,  un intersante obradoiro para fomentar o bo uso das novas tecnoloxías entre a rapazada.

A actividade, financiada pola Secretaría Xeral da Igualdade, busca concienciar a rapaces e rapazas sobre os perigos do mal uso das novas tecnoloxías e Redes Sociais.

O obradoiro será impartido por "Pantallas Amigas", unha entidade con ampla experiencia no campo da promoción do uso seguro e saudable de Internet na infancia e adolescencia. 

Se queres coñecer parte do seu traballo, preme nos seguintes enlaces: 

https://www.youtube.com/watch?v=SEC_dOWFN5M

https://www.youtube.com/watch?v=tVAjiyNzYq0

https://www.youtube.com/watch?v=MXf-YGQr6jI