Durante este Nadal. e por segundo ano consecutivo, o Concello de Viana do Bolo levou a cabo unha campaña de apoio e dinamización do comercio local.
A campaña resultou ser un éxito xa que, por un lado, contou coa participaron da meirande parte dos negocios e establecementos comerciais da vila e, por outro lado, durante a mesma repartíronse máis de 17.000 rifas, o que supón un gasto nos comercios vianeses durante este Nadal de máis de 250.000 €.
Recordamos que os premios consistían en:
- 3 bonos por importe de 150 €, 100 € e 50 € para gastar en calquera dos establecementos comerciais de Viana.
- 19 lotes de productos e agasallos doados polos establecementos participantes.
Este ano, debido á situación de pandemia na que nos atopamos, as persoas gañadoras deberán chamar ao número 619 25 94 40 e pedir cita para reclamar o seu premio. A cita poderase solicitar a partir do xoves 13 de xaneiro.
Para recoger o premio será obligatoria a presentación da papeleta que resultou gañadora, nun estado que non admita dúbidas sobre a súa autenticidade e aportar os datos da persoa premiada.
No caso de non presentarse a rifa premiada en 15 días naturais dende a publicación do sorteo (11 de xaneiro) , o premio pasará ao número suplente que se publicará nuns días (consultar a Acta do sorteo)
Dende o Concello agradecemos aos establecementos comerciais a súa implicación na campaña, e a toda a veciñanza o apoio ofrecido aos comercios e negocios nestos momentos "complicados" que estamos a vivir.
Podedes consultar os números premiados, o vídeo do sorteo e a lista de premios nos seguintes enlaces.