Viana do Bolo prepárase para celebrar os “días grandes” do Entroido 2022, unha edición moi especial e esperada, tras o obrigado parón do pasado ano debido á pandemia.
Así e todo, a pesares de estar no bo camiño para acadar a normalidade, a prudencia e a responsabilidade impiden a celebración de todas as xuntanzas gastronómicas típicas desta época, destacando a nosa tradicional e afamada Festa da Androlla, que quedará aprazada un ano máis ata que “corran” tempos mellores.
Non obstante, animamos a veciños/as e visitantes que nestes días estarán pola nosa vila, a que degusten a nosa androlla nos restaurantes de Viana do Bolo poñéndose en contacto directamente cos establecementos e realizando as súas reservas.
Por último, e a pesares das restricións e limitacións propias destes tempos, desexámosvos a todos/as un Entroido cheo de diversión e alegría, os ingredientes máis importantes da nosa festa máis ancestral e esperada