O Concello de Viana do Bolo organiza unha charla informativa sobre as axudas públicas a gandeiros/as e agricultores/as polos danos producidos por especies silvestres.
A charla, que terá lugar o mércores 11 de maio ás 17 horas na Casa da Cultura, será impartida por persoal especializada da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.