O Concello de Viana do Bolo organiza un Concurso de decoración e ornamentación de balcóns e xanelas para realzar o encanto da nosa vila durante os meses de xullo e agosto de 2022.

Poderán participar  no concurso calquera persoa maior de idade que sexa propietaria ou arrendataria dun inmoble situado nas rúas da vila de Viana do Bolo.

O período de inscrición estará aberto dende o 1 ata o 30 de xuño de 2022

Consulta as seguintes Bases e anímate a participar!!

 

Descargas