Xa están a piques de comezar as vacacións dos/as máis cativos/as e con elas, un ano máis, as Actividades Infantís de Verán...
Neste ano 2022 a Ludoteca e Campamento virán cargados de novidades e melloras co fin de lograr unha conciliación máis efectiva para as familias:
1. Aumento do número de horas da Ludoteca de Verán (de 10 a 14 h)
2. Aumento do número de días de duración da Ludoteca e Campamento (do 11 de xullo ao 19 de agosto)
3. Aumento do número de prazas ofertadas (50 nenos/as)
4. Aumento do rango de idade dos/as participantes (a Ludoteca ofertará prazas a partir de 3 anos).
INSCRICIÓNS
Para inscribirse é necesario cumplimentar, asinar a "Solicitude de inscrición" para cada unha das actividades (Ludoteca e Campamento) e a "Autorización de tratamento de datos persoais"
A documentación deberá presentarse no Rexistro do Concello de Viana do Bolo de forma presencial ou telemática.
PRAZOS DE INSCRICIÓN
Os prazos de inscrición son os seguintes:
Ludoteca: do 13 ao 28 de xuño
Campamento: do 13 de xuño ao 15 de xullo
ADXUDICACIÓN DE PRAZAS
As prazas serán adxudicadas seguindo os criterios que figuran no punto 1 das “Normas para a participación nas Actividades Infantís de Verán 2022” que podes consultar a continuación.
A documentación que acredite as condicións recollidas no punto 1. b), só se requerirá no caso de que o número de solicitudes de inscrición supere o de prazas ofertadas.
Para os/as menores non empadroados sí se seguirá como criterio de selección o da orde de inscrición.
Confirmarase a adxudicación da praza ao/á menor inscrito/a mediante unha mensaxe de Whatsapp ao teléfono que figure na documentación de solicitude presentada.
Para máis información contactar co CIM: 988 32 92 60 ou cimviana@gmail.com