Comezamos o mes de xullo coa presentación da programacíón de actividades de lecer, organizadas polo Concello de Viana do Bolo, para este Verán 2022. 
 
Actividades lúdicas, culturais, festivas e deportivas para tódolos públicos e para tódalas idades.
 
Actividades de conciliación como a Ludoteca e o Campamento de Verán.
 
Actividades "por e para" as nosas mulleres, como a proxección do documental "Pegadas" e o proxecto "Cre, crea, crece" polos aldeas de Viana..
 
Mención especial para as actividades que terán lugar durante as Festas Patronais, entre as que se inclúen as Xornadas de Folclore, actuacións de Bandas de Música e Gaitas, orquestras, concertos,... e moitas actividades para o goce dos/as veciños e veciñas de Viana.
 
Por último, cabe salientar o papel relevante que o deporte toma novamente na nosa programación. Eventos de importante calado a nivel nacional e autonómico coma: o Campus do Atlético de Madrid. Tamén eventos máis "amateur", pero igual de divertidos e coma o alquiler de Kaiaks, tirolina na piscina, Campus deportivo "Vila de Viana" (organizado por Pinchacarneira)...
 
Estade moi atent@s á páxina web e ás nosas Redes Sociais para mantervos informad@s sobre todos os actos e actividades
 
Todo está preparado para facer deste un verán inesquecible!!
 
(Fotografía do cartel realizada por Clara Ortega Fernández)