✅ Que é “Cre, Crea, Crece❓
"Cre, crea, crece" é un ambicioso e fermoso proxecto composto por varios obradoiros de igualdade cos que queremos chegar a todas e cada unha das veciñas das 51 aldeas de Viana do Bolo.
✅ Cal é o obxectivo deste proxecto❓
🫶🫶 Coñecer quenes fomos, quenes somos e quenes queremos ser…
👐👐 Para conseguilo botaremos man da creatividade e de manualidades con arxila e a cerámica e crearemos espazos de intercambio de experiencias e moita diversión entre as persoas participantes.
✅ A quen vai dirixido❓
👵👵 Preferiblemente a mulleres maiores de 65 anos das aldeas do Concello de Viana do Bolo.
👉 No caso de que queden prazas libres poden participar mulleres doutras idades e homes.
📍📍 As zonas e ubicacións ás que chegaremos son as seguintes:
➡️ ZONA 1: Poderán participar veciñas de Grixoa, Santa Mariña da Ponte, A Servaínza, Parada e Vilarmeao
➡️ ZONA 2: Poderán participar veciñas de Bembibre, Ardexaxe, Fornelos de Filloás, Quintela do Pando, Pradocabalos e Fradelo.
➡️ ZONA 3: Poderán participar veciñas de Pinza, Pontón, Pixeiros, Seoane de Arriba, Seoane de Abaixo, Solbeira, Vilaseco da Serra, Vilardemilo, A Ermida, Mosexos, San Cibrao, O Castro, Caldesiños, A Bouza.
➡️ ZONA 4: Poderán participar veciñas de Covelo, Fornelos de Cova, San Mamede, Mourisca, Quintela de Hedroso, Hedroso e Tabazoa de Hedroso.
➡️ ZONA 5: Poderán participar veciñas de Punxeiro, San Martiño, Penouta, Ramilo, Froxais, Santa Mariña de Froxais, Cepedelo, Pradorramisquedo.
➡️ ZONA 6: Poderán participar veciñas de Santo Agostiño, Paradela, Sever, Castiñeira, Louzaregos, Quintela de Umoso, Tabazoa de Umoso, Umoso, Rubiais, Dradelo e Vilar de Goia.
✅ Cantos obradoiros son e cando terán lugar❓
📅⏰ O programa consta dun total de 6️⃣ obradoiros que terán lugar cada 15 días e que terán unha duración de 1 hora 30 minutos cada un.
🧐🧐 Consulta o tríptico que adxuntamos a continuación para obter máis información sobre os horarios das actividades.
🙋♀️🙋♀️ Anímaste a participar❓❓
ℹ️✍️ Pois infórmate e/ou anótate no CIM de Viana ☎️ 988 329 260 ☎️