Presentamos o cartel dunha das actividades máis destacadas deste verán: o "Castelo Son".

Un festival musical que vai pola súa segunda edición e co que e tratamos de incrementar e variar a oferta musical do noso concello, traendo ata Viana estilos como a música jazz, blues, indie e pop... 

Música de grupos e artistas galegos de calidade, que actuarán nun entorno máxico como é a nosa Torre da Homenaxe, ou "Castelo".
 
As actuacións terán lugar os días 23, 24 e 30 de xullo ás 23:00h.
 
Durante os vindeiros días iremos ampliando a información sobre os grupos participantes do "Castelo Son"
 
Este xullo tedes unha cita coa música... Non falltedes!!!