INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE AS ESCOLAS MUSICAIS MUNICIPAIS 2022-2023
1. ACTIVIDADES OFERTADAS:
Linguaxe musical - Solfeo
Guitarra
Percusión
Gaita
2. PERÍODO DAS ACTIVIDADES
De outubro de 2022 a xuño de 2023.
3. CUSTO:
8 €/ mes por unha actividade
12 €/mes por dúas actividades (salvo solfeo)
4 €/mes por unha actividade no caso de familias numerosas
6 €/mes por dúas actividades no caso de familias numerosas (salvo solfeo)
4. PRAZAS E INSCRICIÓNS
- As prazas ofertadas son LIMITADAS.
- Para anotarse hai que cubrir unha folla de inscrición e unha orde de domiciliación SEPA (ambos documentos podes descargalos aquí ou recollelos no CIM).
- As persoas que xa estaban anotadas no curso anterior SI teñen que volver a facelo.
- As prazas serán adxudicadas por orde de inscrición.
- O prazo de inscrición é do 12 ao 23 de setembro.
Actividade subvencionada pola Deputación Provincial de Ourense