Durante os meses de verán o Concello de Viana do Bolo tratou de fomentar a decoración e ornamentación dos balcóns e xanelas do noso municipio a través do concurso "Viana ponte guapa!" 2022.

O concurso foi recentemente resolto por un Xurado independente e formado por tres persoas con formación e coñecementos no eido da decoración, a arquitectura e a botánica.

A continuación compartimos a Resolución co fallo do Xurado e as imaxes das tres mulleres gañadoras. 

Dende o Concello de Viana do Bolo damos as grazas a todas as persoas que participaron no Concurso e a nosa noraboa ás gañadoras!! 

 

Descargas