
Non vos perdades a divertida e emocionante Festa infantil de Nadal que temos preparada para o domingo 23 de decembro no Pavillón Deportivo Municipal.
Haberá xogos, música, animación, pintacaras, buzón de recollida de cartas e moitas sorpresas máis.
Ademais, contaremos coa presenza do Apalpador e Papá Noel que estarán encantados de atender os desexos dos/as máis cativos/as.