Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres, o Concello de Viana do Bolo, a través do seu Centro de Información ás Mulleres (CIM) e a Concellería de Igualdade , ten previsto levar a cabo unha serie de actividades de promoción da igualdade e prevención da violencia dirixidas a toda a poboación vianesa.
Baixo o lema ”Que non che corten as ás” temos programados os seguintes actos e eventos para conmemorar esta data:
- 22 e 23 de novembro: Elaboración do mural colaborativo "Que non che corten as ás"
- 24 de novembro: Espectáculo escénico "Golpes"
- 25 de novembro: Concentración e lectura dun manifesto, mesa informativa e photocall
- 26 de novembro: Concerto musical "Con nome de muller"
- 29 de novembro: Obradoiros no CEIP Bibei
Anota na túa axenda dende o 22 ao 29 de novembro e únete o berro #queNONchecortenasás
A continuación podes acceder ao documento con toda a información sobre as diferentes actividades!
#cimviana #cimvianadobolo #concellodevianadobolo #cimvianadobolo #VianadiNONáviolenciamachista #365díaspolaigualdade #nonaviolenciamachista #25deNoviembre #25N