Este Nadal en Viana do Bolo tedes unha cita coa música e a diversión na II Edición dos Cantos de Taberna. 

Na festa, que dará comezo a partir das 19:30h, participan 9 grupos de música tradicional galega chegados de diferentes puntos da xeografía galega (Trives, Manzaneda, Cangas, etc.). Os grupos irán rotando coas súas actuacións polos diferentes locais de Viana do Bolo para o goce de todos/as os/as veciños e veciñas. 

Non faltedes!!