A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Xuventude, pon en marcha un novo programa de lecer e educación non formal dirixido aos mozos e mozas galegos desde o mes de xaneiro de 2023 ata abril.
Deste xeito búscase celebrar e poñer en valor o “Día da Xuventude” cunha ampla programación formativa e de ocio destinada tanto á mocidade galega como ás propias familias, dado que esta iniciativa tamén favorece a conciliación da vida familiar e laboral.
Os mozos e mozas participantes poderán gozar dun amplo abano de actividades totalmente gratuítas:
Gastronomía saudable: xogos educativos e show cooking con produtos locais e de tempada.
Lecer educativo: Fútbol burbulla, futbolín humano, slackline e tiro con arco.
Sensibilización medioambiental: talleres dinámicos sobre a protección do medio, o cambio climático ou a reciclaxe.
Igualdade de xénero: relacións tóxicas vs. relacións de bo trato.
Taller de graffiti: técnicas de aprendizaxe rápida e mural común.
Habilidades para a empregabilidade: dinámicas grupais para a elaboración do currículo ou abordaxe dunha entrevista de traballo.
Información xuvenil: caravana móbil como punto de información de recursos para a mocidade.
Achégate o sábado 8 de abril ao exteriores do Pavillón Municipal de Viana do Bolo.