Recórdaselles a tódolos establecementos do Sector, que antes de que finalice o presente mes de Xuño, deberán presentar as súas solicitudes para a ocupación de terreos de uso público para a instalación de terrazas, mesas, cadeiras, veladores e outros elementos análogos.

Todos os establecementos o carón da Estrada OU-533, deberán solicitar previamente a autorización a Axencia Galega de Infraestruturas da Xunta de Galicia. Sin esta autorización previa, o Concello non autorizará a ocupación con mesas e cadeiras.

Achégases o modelo de solicitude así como unha copia da Ordenanza Reguladora, á que deberán prestar a maior atención sobre as condicións na que pode ser autorizada a ocupación da vía pública para a instalación das terrazas e non se permitirá a instalación de terrazas cubertas desmontables, nin pechadas nin sequera con carácter temporal (Artigo 4.8).

Faise especial fincapé en que será o Concello o que fixará o número de Mesas máximo a instalar segundo as condicións das vías.

As Mesas e cadeiras deberán retiralas á hora do peche do establecemento, non podendo permanecer na vía pública. Deberán sacalas cada día a partir da hora de apertura do local.

Todo o espacio que ocupen as mesas e as cadeiras, deberán deixalos totalmente limpos (barridos e lavados, de selo caso) para impedir que estes queden sucios e pegagosos e atraingan os mosquitos.

A función do Servizo de Limpeza é a limpeza xeral e non a que deixan as terrazas dos locais, calquera tipo de local.

Prohíbese botar á vía pública todo tipo de resíduos debendo depositarse estes nas papeleiras instaladas para tal finalidade así como todo o lixo que se xere no local deberán botalo nos contedores específicos en bolsas de lixo e pechadas.

Estas medidas no son novas, se non de aplicación dende o momento da súa aprobación o 12 de xaneiro de 2017 e da que xa se lles enviou copia no seu día.

Polo ben de todos e para unha convivencia en armonía da que todos, sin excepción, nos poidamos beneficiar, establecementos, persoas e vehículos, estes últimos nos horarios establecidos.

AGRADECEMOS A SÚA COLABORACIÓN!!

 

Descargas