A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), no boletín 168/71 emitido ás 8:32 horas do día 05.06.2023, informa de fenómenos meteorolóxicos adversos de nivel AMARELO por CHOIVAS e TORMENTAS para o día 5 de xuño que darán comezo a mediodía e prolongaranse ata a noite e que afectarán a:

- Lugo (Montaña)

- Ourense (Montaña e Valdeorras)

Nestas zonas se prevé unha precipitación acumulada nunha hora de ata 15 mm que poden ser en forma de sarabia.

Un aviso de nivel amarelo por tormentas indica que na zona de aviso afectada prevense tormentas fortes. Dado o carácter destes fenómenos existe a posibilidade de que se poidan producir tormentas de intensidade superior de forma puntual.

 

Descargas