PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS
OBRIGAS DAS PERSOAS PROPIETARIAS NA XESTIÓN DE LIMPEZA DE FINCAS
En aplicación da lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de galicia, lémbrase a veciños e veciñas a obriga de manter limpas as fincas antes do 31 de xullo, nas seguintes condicións:
Xestión de maleza e de certas árbores (piñeiros, eucaliptos e acacias)
nunha franxa de 50 metros ao redor:
- de solo urbano, núcleo rural e urbanizable.
- de edificacións de calquera tipo (vivendas, galpóns, …)
- de infraestruturas de uso público e áreas recreativas.
Asemade a lei 7/2012 de montes de galicia, establece as seguintesdistancias mínimas para árbores respecto das pistas e vías municipais:
- 2 metros dende o borde para frondosas.
- 4 metros dende o borde para maleza e resto de especies (piñeiros,eucaliptos e acacias).