A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa nos boletíns 203/71GAL e 44/71GAL, dun fenómeno meteorolóxico adverso por TEMPERATURAS MÁXIMAS, nivel AMARELO, que afectará desde o mediodía ata as últimas horas da tarde do día de hoxe aos ámbitos xeográficos de MIÑO en Ourense, e MIÑO e RIAS BAIXAS en Pontevedra, podendo acadar temperaturas de ata 36o C.

Para mañá martes 8 de agosto, este fenómeno en nivel AMARELO afectará tamén nas horas centrais do día, ás zonas de INTERIOR e SUROESTE de Coruña, SUR de Lugo, NOROESTE, SUR, MONTAÑA e VALDEORRAS en Ourense, e RIAS BAIXAS, INTERIOR e MIÑO en Pontevedra con temperaturas de ata 37oC.

Na zona MIÑO en Ourense, acadará nivel LARANXA, con temperaturas de ata 40oC.

 

Descargas