Segundo resolución de Turismo de Galicia, pola que se comunica aos interesados a resolución de concesión de subvencións a concellos para o apoio, promoción e difusión das festas declaradas de interese turístico de Galicia para o ano 2023, na que se recolle a concesión a este Concello de Viana do Bolo pola celebración do ENTROIDO E FESTA DA ANDROLLA, por un importe de 3.000€.

En cumprimento co establecido no artigo 17 da Orde de convocatoria do 26 de decembro do 2022,  faise publicidade de dita concesión a través da páxina web deste Concello.