
Que é "Coidados porta a porta"

.


A Xunta de Galicia pon en marcha o programa "Coidados porta a porta" para ofrecer consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria a todos os concellos de Galicia.
.

Que servizos se prestan

.


Servizo de podoloxía: Faise unha consulta básica de podoloxía; unha valoración do estado xeral do pé; un corte e limpeza de uñas; eliminación de durezas, calos e helomas.
.


Servizo de audioloxía: Valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.
.


Servizo de estimulación da memoria: Un profesional realizará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro, en caso de habelo.
.

A quen vai dirixido

.
.

Como se leva a cada localidade

.


Oito autobuses percorrerán as máis de 300 localidades con profesionais de cada unha das especialidades. Permanecerán entre tres e catro días en cada concello atendendo con cita previa.
.

Cando estará en Viana do Bolo

.


Os días 20 - 23 e 24 de outubro de 9:00h a 20:00h
.


O día 24 de outubro ás 19:00h na Casa da Cultura
.

Como pides cita

.


Pode solicitar cita previa nos teléfonos 622 748 283 - 623 546 992 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal
.
.