A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín 264/71GAL emitido ás 11:14 horas do 17/10/2023, dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel AMARELO por CHOIVAS e VENTO, e que afectará á boa parte da Comunidade Autónoma de Galicia.

CHOIVA: A partir de media maña do día de hoxe 17/10/2023 a precipitación acumulada en 12:00 horas poderá superar os 40 l/m2 afectando ás zonas Oeste e Suroeste da CORUÑA; Sur e Montaña de OURENSE e a toda a provincia de PONTEVEDRA.

VENTO: Fenómeno en curso desde as 11:00 horas dio día de hoxe 17/10/2023 os refachos de vento de compoñente Sur poderán superar os 70-80 Km/h, afectando ás provincias da CORUÑA; PONTEVEDRA; OURENSE e Centro, Montaña e Sur de LUGO.

 

Descargas