PONSE EN COÑECEMENTO DE TODOS OS CIDADÁNS, TRABALLADORES, SINDICATOS, EMPRESAS E CONCELLOS LIMÍTROFES, O ACORDO ADOPTADO POR UNANIMIDADE DO PLENO DESTE CONCELLO NA SÚA SESIÓN CELEBRADA NO DÍA DE HOXE 27 DE OUTUBRO DE 2023, DE APROBACIÓN DA DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DE APOIO Á STRATEGIC MINERALS E AOS TRABALLADORES DA EXPLOTACIÓN MINEIRA DE PENOUTA CONTRA A PARALIZACIÓN DA EXPLOTACIÓN POLO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DEGALICIA.
1. Discrepamos absolutamente da decisión do TSXG de paralizar a actividade sen motivo nin causa algunha.
2. Pedimos o apoio de todos: Concellos, cidadáns, traballadores, sindicatos e empresas, para que Galicia non perda unha actividade estratéxica de gran valor.
3. Que a Compañía Strategics Minerals e a Xunta de Galicia, explore todas as vías legais dispoñibles para reverter esta decisión.
4. Esperamos e confiamos que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, unha vez avaliados os elementos esenciais ambientais e sociais e do impacto que tería a suspensión da actividade da Empresa na contorna, reconsidere a súa decisión.”
E CONVIDAMOS A TODOS E TODAS A PARTICIPAR NA CONCENTRACIÓN PACÍFICA QUE TERÁ LUGAR O DÍA 31 DE OUTUBRO DE 2023 ÁS 12:00 HORAS NA PRAZA MAIOR DESTA VILA.