Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres, o Concello de Viana do Bolo, a través do seu Centro de Información ás Mulleres (CIM)ten previsto levar a cabo unha serie de actividades de promoción da igualdade e prevención da violencia dirixidas a toda a poboación vianesa.
Os actos e actividades programados para conmemorar esta sinalada data sons os seguintes:
- “O Camiño das desigualdades”
- Obradoiros de prevención da violencia
- Concentración e Lectura dun Manifesto Institucional polo 25N
- Muralismo e pinturas naturais para a igualdade
- Obradoiro “O Benquerer”
- Charla “STOP Violencia sexual”
Un ano máis, o obxectivo desta programación e concienciar e sensibilizar a sociedade vianesa sobre unha lacra que cada ano provoca gran dor e sufrimento a moitas mulleres e as súas familias.
Ao longo desta e a próxima semana iremos ampliando a información sobre as diferentes actividades.