O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación convoca anualmente os Premios de Excelencia á Innovación para Mulleres Rurais”, buscando poñer en valor os proxectos de traballo e de vida das mulleres do noso medio rural e o traballo esencial que realizan para manter e dinamizar estes territorios, a través do recoñecemento de proxectos excelentes, orixinais e innovadores.

A convocatoria dos premios publicarase a principios de marzo. Terá un premio total de 150.000 euros e recoñeceranse catro categorías, en cada unha das cales se outorga un primeiro, segundo e terceiro premio:

  1. “Excelencia en innovación na actividade agraria”
  2. “Excelencia na innovación na actividade pesqueira ou acuícola”
  3. “Excelencia na innovación na diversificación da actividade económica no rural”
  4. “Excelencia na comunicación”

A estas categorías súmase os Premios Especiais á traxectoria vinculada ao apoio á muller do rural e do rural pesqueiro, cun recoñecemento honorífico.

Podes obter máis información sobre estes premios e as condicións para participar neles na páxina web do Ministerio e na súa sede electrónica, onde se publicará a convocatoria proximamente.

 

Web do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación:

https://www.mapa.gob.es/es/desarrollo-rural/temas/igualdad_genero_y_des_sostenible/premios-excelencia/default.aspx

 

Sede Electrónica do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación:

https://sede.mapa.gob.es/portal/site/seMAPA/ficha-procedimiento?procedure_suborg_responsable=23&procedure_etiqueta_pdu=null&procedure_id=272&by=theme