Un ano máis, o Concello de Viana do Bolo, a través do seu Centro de Información á Muller, conmemora o Día Internacional das Mulleres (8 de marzo), renovando o seu compromiso e esforzo á hora de apoiar e promover medidas que promovan, por un lado, a igualdade real entre homes e mulleres e, polo outro, a eliminación da violencia machista en todas as súas formas e manifestacións.
Así, os actos e actividades propostos son os seguintes:
- Obradoiros de promoción da igualdade para mulleres
- MAVI “A Maleta Viaxeira”
- Escape Room “Estrelas”
- Teatro “O Ratiño presumido”
- Concentración polo 8M e Mesa Informativa
- Monólogo de Humor “Diversidade & Igualdade”
- Servizo “Madrugador@s"
- Obradoiros “Herbas das Mulleres”
Durante os obradoiros faremos unha recolecta de prantas e elaboración de remedios naturais buscando a sabedoría das nosas avoas, bisavoas, etc.
O fomento da igualdade entre as novas xeracións a través das actividades nos centros de ensino é sempre unha prioridade nas nosas programacións, pero tamén o é promover a igualdade con obradoiros e actividades dirixidas ás mulleres e homes adultas/os do noso concello.
Con esta programación buscamos, coma de costume, chegar a persoas de todas as idades e gustos.
Esperamos a vosa participación!!
Para máis información sobre as actividades contactar co CIM de Viana do Bolo: 988 329 260