BANDO

PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS OBRIGAS DAS PERSOAS PROPIETARIAS NA XESTIÓN DE LIMPEZA DE FINCAS

En aplicación da lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de galicia, lémbrase a veciños e veciñas a obriga de manter limpas as fincas antes do 15 de xuño, nas seguintes condicións:

Xestión de maleza e de certas árbores (piñeiros, eucaliptos e acacias)

nunha franxa de 50 metros ao redor:

- de solo urbano, núcleo rural e urbanizable.
- de edificacións de calquera tipo (vivendas, galpóns, ...)
- de infraestruturas de uso público e áreas recreativas.

Asemade a lei 7/2012 de montes de galicia, establece as seguintes distancias mínimas para árbores respecto das pistas e vías municipais:

- 2 metros dende o borde para frondosas.
- 4 metros dende o borde para maleza e resto de especies (piñeiros, eucaliptos e acacias).

O que se fai público para xeral coñecemento e cumprimento.

 

Descargas