BANDO DA ALCALDÍA

Servizo de Recollida a domicilio de residuos para o Punto Limpo.

Este Servizo, que xa se ben prestando dende fai tempo, mediante un Convenio firmado coa Deputación Provincial de Ourense, facilítanos a todos a comodidade de non ter almacenados trastos ou aveños (enseres) que xa non nos fan servizo.

O único requisito e chamar ao Concello ao teléfono 988 340 120 para anotar todo aquelo do que queiramos desfacernos, e mantelos gardados no domicilio ata que lles avisen de que se vai recoller, polo que mais doado non o podemos ter, e non xustifica a aparición destes elementos depositados polas rúas ou tirados por calquera sitio cal vertedoiro.

Tamén quero informar que non se recollen nin se poden depositar nos contedores de lixo doméstico (verdes), os escombros e materiais de obra, xa que estes teñen que ser levados polos contratistas a Xestores autorizados
para a súa eliminación.

Se prefiren levalos directamente aos Puntos Limpos mais próximos, deberán chamar aos teléfonos:

A Gudiña 648 067 682 Horario: Martes e Venres de 09:00 a 14:00 horas

A Veiga 648 067 682 Horario: Sábados de 09:00 a 14:00 horas

 

Descargas