Xa están a piques de comezar as vacacións dos/as máis cativos/as e con elas, un ano máis, as Actividades Infantís de Verán... 

Neste ano 2024 a Ludoteca e Campamento virán cargados de novidades e melloras co fin de lograr unha conciliación máis efectiva para as familias...

INSCRICIÓNS

Para inscribirse é necesario cumplimentar e asinar a "Solicitude de inscrición" e a "Autorización de tratamento de datos persoais"

A documentación deberá presentarse no Rexistro do Concello de Viana do Bolo de forma presencial ou telemática. 

PRAZOS DE INSCRICIÓN

Os prazos de inscrición son os seguintes:

Ludoteca: do 6 ao 17 de xuño 

Campamento: do 6 ao 17 de xuño e do 1 ao 11 de xullo

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS 

As prazas serán adxudicadas seguindo os criterios que figuran no punto 1 das “Normas para a participación nas Actividades Infantís de Verán 2024” que podes consultar a continuación. 

A documentación que acredite as condicións recollidas no punto 1. b), só se requerirá no caso de que o número de solicitudes de inscrición supere o de prazas ofertadas. 

Para os/as menores non empadroados sí se seguirá como criterio de selección o da orde de inscrición.  

Confirmarase a adxudicación da praza ao/á menor inscrito/a mediante unha mensaxe de Whatsapp ao teléfono que figure na documentación de solicitude presentada.

 

Para máis información contactar co CIM: 988 32 92 60  ou  cimviana@gmail.com 

 

Descargas