A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín no 156/71GAL, emitido o día 06/06/2024 ás 10:32 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso por TORMENTAS, que afectará a Lugo (Montaña e Sur) e as provincias de Ourense e Pontevedra.

Prevese que estas tormentas se inicien ás primeiras horas da tarde do venres 7 e vaian remitindo nas primeiras horas da madrugada do sábado 8.

As tormentas irán acompañadas de CHOIVA prevéndose acumulacións de ata 15 l/m2 nunha hora. Ocasionalmente poderán ir acompañadas de xaraiba, sendo mais probable na montaña de Ourense, Valdeorras e Sur de Lugo.

Un aviso de nivel amarelo por tormentas indica que na zona do aviso afectada prevense tormentas fortes. Dado o carácter destes fenómenos existe a posibilidade de que se poidan producir tormentas de intensidade superior de xeito puntual.

Descargas