CAMPAÑA "VIANA CONTRA O MACHISMO"

O Concello de Viana do Bolo, a través do seu Centro de Información á Muller, e dentro das medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade, ten previsto levar a cabo durante este mes de xuño a campaña "VIANA CONTRA O MACHISMO", que busca promover a igualdade entre a veciñanza vianesa. 

Durante a campaña terán lugar dous obradoiros de sensibilización en igualdade nos centros educativos de primaria e secundaria que chegarán a máis de 100 menores do noso concello. 

Ademais, durante todo o mes de xuño terá lugar o reparto de material da campaña "VIANA CONTRA O MACHISMO". Chapas co logo da campaña e dípticos informativos nos que o obxectivo e implicar a toda a veciñanza vianesa na loita contra o machismo e a violencia machista no noso concello. 

Porque combater o MACHISMO é cousa de TODAS e TODOS e así o queremos deixar claro durante toda a campaña e durante todo o ano.