A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín no 174/71GAL, emitido o día 27/06/2024 ás 10:49 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso por TORMENTAS, que afectará a Ourense (Valdeorras, Montaña e Sur).
Prevese que estas tormentas se inicien ás primeiras horas da tarde deste venres 28 de xuño e que vaian remitindo coa chegada da noite.
As tormentas irán acompañadas de CHOIVA prevéndose acumulacións de ata 20 l/m2 nunha hora. Ocasionalmente poderán ir acompañadas de xaraiba.
Un aviso de nivel amarelo por tormentas indica que na zona do aviso afectada prevense tormentas fortes. Dado o carácter destes fenómenos existe a posibilidade de que se poidan producir tormentas de intensidade superior de xeito puntual.