PROGRAMA DIXITALIZADAS: OBRADOIROS DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL

O Concello de Viana do Bolo, a través do Centro de Información á Muller (CIM), e en colaboración coa Fundación Mujeres, está a organizar unha serie de obradoiros de iniciación e capacitación en habilidades informáticas.

O programa DIXITALIZADAS oferta 3 obradoiros formativos: 

- OBRADOIRO DE HABILIDADES DIXITAIS BÁSICAS

- OBRADOIRO DE HABILIDADES DIXITAIS PARA O EMPRENDEMENTO 

- OBRADOIRO DE HABILIDADES DIXITAIS PARA A BÚSQUEDA DE EMPREGO

Os obradoiros impartiranse os días 26 e 27 de xuño en horario de tarde. 

Se estás interesada en participar nalgún deles (ou nos tres) ponte en contacto co CIM de Viana (988 329 260).

INSCRICIÓNS ATA O XOVES 13 DE XUÑO