O Real Decreto 665/2023, do 18 de xullo, introduciu cambios importantes no Regulamento do Dominio Público Hidráulico (RDPH) que simplifican a tramitación administrativa e eliminan as taxas, en determinados procedementos vinculados con actuacións de reducido impacto sobre o dominio público hidráulico e zonas de protección.
Neste sentido, para determinadas actuacións próximas aos leitos, en DHP e Zona de Policía, só habería que cumprimentar unha Declaración Responsable (DR) e presentala por Rexistro, cunha antelación mínima de 15 días hábiles antes do comezo das obras, anexando a documentación requirida, segundo o tipo de actuación a executar; estando exento o pago de taxas de xestión.
A continuación está dispoñible un díptico sinxelo que recolle un resumo dos procedementos susceptibles de tramitación mediante Declaración Responsable.
